viernes, 2 de octubre de 2009

A CONCELLERÍA DE IGUALDADE DO CONCELLO DA CORUÑA PRESENTOU O FESTIVAL MULLERES ARTE+PARTE=2


Por segundo ano consecutivo, a Concellería de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña celebrará este festival, nesta ocasión baixo o anagrama. Mulleres Arte + Parte = 2




O feito de reunir nun mesmo espazo, e baixo unha etiqueta común, a artistas locais xunto con artistas consagradas, ou emerxentes, converte esta cita nun marco incomparable e nun referente indispensable para a promoción da nosa cidade ou comunidade, e de artistas locais de disciplinas variadas. Pintura, fotografía, grafismo urbano, cine documental, grupos musicais ou cómic danse a man nunha macroexposición que reivindica o protagonismo feminino nas artes.

No hay comentarios: