O pasado luns rematou o prazo para solicitar as axudas para o financiamento da posta en marcha e mantemento de plans de igualdade en empresas, pero o noso traballo non termina. Animamos a todas as empresas galegas a pararse e analizar a súa estrutura, os seus procesos, a súa comunicación tanto interna como externa... ¿son realmente igualitarios? ¿Teñen en conta a perspectiva de xénero? ¿Poden estar xerando algunha discriminación que lle alonxe de ser considerada unha organización socialmente responsable?
Non temos que olvidar que a igualdade forma parte do que entendemos como responsabilidade social corporativa e, polo tanto, unha empresa na que exista calquera discriminación por razón de xéneronon pode considerarse unha organización responsable. E isto lle afecta de moitas formas diferentes, tanto a nivel de publicidade e imaxe externa, como nos niveis de producción da propia entidade que poden verse afectados se os traballadores/as se atopan en situacións de desigualdade e discriminación.
As administracións públicas son conscientes disto, por iso teñen establecido nas súas respectivas normas (concretamente Lei Galega do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia no seu artigo 19) a preferencia na adxudicación de contratos públicos para aquelas empresas responsables neste ámbito.
Máis información: Instituto Germinal, Tlf. 881 887 538
No hay comentarios:
Publicar un comentario