Consciente da importancia da igualdade de homes e mulleres no ámbito laboral, a Xunta de Galicia convocou subvencións para fomentar a implantación de plans de igualdade a través das cales poderá financiarse tanto a asesoría técnica como as accións formativas que sexan necesarias, creación de infraestructuras para mellorar a conciliación, etc.
O prazo estará aberto ata o 13 de Setembro e poderán solicitar a axuda as pemes que teñan o seu domicilio social en Galicia, ou delegación ou sucursal cun mínimo do 10% do persoal na Comunidade Autónoma.
Máis información: Tlf 881 887 538
Institutogerminal@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario