- Dirección da empresa: debe mostrar vontade e impulso, o seu compromiso é imprescindible para o desenvolvemento do proceso.
- Equipo responsable dos recursos humanos: debe integrar a igualdade como principio transversal nas actuacións e procesos diarios da empresa.
- Representación legal dos traballadores e traballadoras: debe realizar propostas, asesorar, apoiar á formación, sensibilizar, identificar necesidades e intereses, fomentar boas prácticas, etc.
- Comisión de seguimento do plan: Estará formada como mínimo pola dirección da empresa, responsables de áreas, representantes do persoal e defensor/a da igualdade, se existise. Tamén poderán incorporarse outras traballadoras e traballadores e axentes de control externo. A comisión debe designar polo menos unha persoa de enlace coas seguintes funcións: actuar como punto de referencia e enlace, manter a comunicación coas Administracións, recompilar a información sobre o desenvolvemento do plan ou convocar á Comisión.
- Cadro de persoal: deben realizar propostas e participar activamente.
- Persoas expertas: asistencia técnica durante todo o proceso, cun papel formador, asesor e de apoio.
sábado, 4 de abril de 2009
PERSOAS QUE INTERVEÑEN NO PLAN DE IGUALDADE
Na realización dos plans de igualdade interveñen moitas persoas en distintos niveis. En resumo:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario