sábado, 4 de abril de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Desde o 3 maio de 2008 as traballadoras galegas contan coa Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia, un ambicioso texto legal que ten por obxectivo conseguir que teñan as mesmas oportunidades que os seus compañeiros masculinos de forma real e efectiva. Nesta Lei trátanse temas como:
- Aplicar a esencia da democracia: a paridade como proposta política.
- Transversalidade no exercicio nas políticas de emprego e relacións laborais en tema de xénero.
- Marca Galega de Excelencia en Igualdade
- A igualdade na negociación colectiva.
- Integración da igualdade na formación.
A Vicepresidencia de Igualdade e Benestar pon en marcha a través do Proxecto Rodela un servizo de acompañamento a mulleres vítimas de violencia de xénero, que está constituido por persoas voluntarias e en ningún caso sustituirá aos recursos de asistencia legal e apoio psicolóxico.
Banco de Tempo é unha rede de colaboración entre particulares, consistente no intercambio de servizos e/ou actividades entre os seus participantes, utilizando como única unidade de cobro e pago o tempo. É dicir, o receptor dun servizo deberá ao banco (non ao prestador) o tempo equivalente, pudendo beneficiarse do mesmo calquera membro da rede.
No hay comentarios:
Publicar un comentario