sábado, 4 de abril de 2009

VANTAXES DA REALIZACIÓN DUN PLAN DE IGUALDADE

Coa realización dun Plan de Igualdade a súa empresa obterá as seguintes VANTAXES:

1.Mellora na xestión dos recursos humanos
2.Mellora de clima laboral, que á súa vez supón unha mellora da competencia, productividade e beneficios empresariais.
3.Aumento do índice de satisfacción do cadro de persoal da empresa, co conseguinte aumento na súa motivación.
4.Mellora na imaxe pública da empresa, que aparecerá coma unha entidade socialmente responsable o que constitúe unha importante ferramenta de marketing, tanto externo coma externo.
5.
Permite á empresa identificar e fortalecer as súas potencialidades e situarse nunha posición innovadora na xestión dos seus recursos humanos e na súa organización do traballo.
6. Preferencia na adxudicación de contratos coa Comunidade Autónoma para as empresas que acaden a Marca Galega de Excelencia en Igualdade.

No hay comentarios: