viernes, 17 de julio de 2009

ARRANCA A FORMACIÓN EN IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

Recentemente arrancou a plataforma de teleformación do Instituto Germinal a través da cal buscamos lograr unha maior igualdade entre homes e mulleres tamén no ámbito laboral. Trátase de tres módulos diferenciados que ofertamos tanto conxuntamente coma por separado, en función das necesidades da empresa interesada.

  • O primeiro dos módulos titúlase SENSIBILIZACIÓN EN IGUALDADE DE XÉNERO e supón unha primeira aproximación ao campo da igualdade de oportunidades, a corresponsabilidade ou a utilización de linguaxe non sexista, entre outros.

  • O segundo módulo, RELACIÓNS PERSOAIS NO ÁMBITO LABORAL, aborda a problemática do acoso sexual no traballo, o mobbing e o burnout, sempre desde unha perspectiva de xénero.

  • O terceiro e último bloque temático está específicamente orientado ás mulleres das empresas, como o seu propio nome indica: HABILIDADES DIRECTIVAS PARA MULLERES. A través deste módulo buscamos potenciar as habilidades e capacidades que as mujeres poden necesitar á hora de abordar postos de responsabilidade ou de xestión de persoas na empresa, tales como liderado, comunicación, negociación, etc.

Para máis información acerca da formación ou como contratala no dubiden en contactar con nos no tlf. 881 887 538 ou no enderezo de correo electrónico institutogerminal@gmail.com

No hay comentarios: