viernes, 26 de junio de 2009

O TEITO DE CEMENTO

Tense falado moito do teito de cristal, esa barreira invisible que impide ás mulleres avanzar cara postos de maior responsabilidade no mundo laboral, pero neste intre queremos referirnos a outro obstáculo que resulta, se cabe, aínda más difícil de romper que aquel: o teito de cemento.


Este teito é autoimposto polas propias mulleres por diversos motivos, principalmente por un problema de conciliación. Na mayoría dos casos un posto de maior responsabilidade esixe tamén maior dedicación, especialmente de tempo, un dos bens máis preciados entre as mulleres traballadoras ó que moitas non están dispostas a renunciar. O que non teñen en conta neses casos é en que están realmente invertindo o seu tempo. Vivimos nunha sociedade na que, malia que temos avanzado moito, aínda se considera que as actividades domésticas e o coidado de descendentes e ascendentes son cousas de mulleres.


Elas mesmas así o interiorizan tras anos e anos de repetición e de ensinanza estereotipada, e por iso chega un punto nas suas carreiras no que consideran que xa abonda e que non poden permitirse avanzar máis porque entón non poderían atender ás súas obrigacións familiares.


Autoimpóñense estos límites e abandoan ou deteñen unha carreira quizáis prometedora, quizáis brillante ou quizáis non mais, en calquera caso, súa. E a abandoan para atender as responsabilidades que, salvo casos excepcionais, corresponden a dous e que ambos/as deberían asumir por igual, sen que ningunha parte sufrira maior perxuizo que a outra. É inxusto, incluso irónico e, o peor de todo, é verdade.

No hay comentarios: